Logo meu semen amarou nos seus fluídos.

Fixa seus ollos de espello

rodeando meu pene coa gorxa.

Non respira.

Eu tampouco.

Teño a lingua empapada,

salitre nos dentes excitados.

Non para.

Non quero que pare.

Sinto preto do embigo seus pezóns oscilantes.

Esvaro pola cama ceibando o sexo da húmida mordaza.

Latexa coma un peixe na terra.

Fixa os ollos nun punto imaxinario.

Xa é tarde.

Bateu con forza súas nádegas brancas,

atinou xusto.

Incrible.

Deixouno dentro inmóbil.

Eu ollaba a curva marcada das súas vértebras.

Era fermosa.

Aperteina contra o fondo.

Un lene xemido rebotou nas paredes.

Logo meu semen amarou nos seus fluídos.

2 comentarios:

Son Unha Xoaniña disse...

Gustoume moitísimo, pero claro ti xogas con ventaxa, és un poeta.
Apertas.

Suso Lista disse...

Tamén estás no de vieiros? Anda a rede que afumea. Saludo