disípame o vento que bate na cara

colleuna ben
tirou forte
arrincoume parte da pel máis superficial do brazo
doe?
moito
sinto latexar meus poros
creo que vou cair
trémenme as pernas

foi amable
agardou por min pra continuar

quedaban moitas
moitos desmaios

foi amable
foi cruel

0 comentarios: