na búsqueda

espertei cando todos durmían
achegueime un a un
singrando as gretas da pel fuxida
e non atopei nada

continuei nos cuartos contiguos
os que dan ao patio en sombra
buscando entre os matos de verbas
a cisma camiñante dun clamor asolagado
e nada
espiños nos dedos
que logo frotan a cara

baixei a costa
colándame entre as fendas das portas pechadas
querendo ollar, roubar, absorver a miña carencia
durmín entre o sono eterno dos que visitaba
mais non acadaba seu restro apacible

atinei no meu erro
cando olleime invertido

todo era eu o que visitaba
estaba rodeando
a memoria de quen non compartiu memoria

e unha vez neste punto
tampouco atopei nada

0 comentarios: