o silencio traza pugas de sal sobre as sombras do vento

o silencio traza
pugas de sal sobre a sombra do vento

un berro frío
un intento de suborno
rouba da miña mente
o recordo dun aroma

descalzo a ialma na cerna do silencio
e ti xurdes como brote de flor imaxinada
ondeando á calor da rama
que fende agora o seu lastre de ideas

pasa

aquí hai un oco
cómodo entre as follas caídas
saberás moverte sen facer ruído
respectando a paz inerte
desta cidade soñada

pero non te acomodes
non fagas teu este espazo

cada día cambia
muda o seu lenzo de esterco
e apestan as rúas polas que foxen
algúns papeis con poemas roubados
debuxos trazados con trémulas pedras

e xa as paredes son brandas
xa o seu peso inexacto
xa non caibo no seu ventre
e en aborto rebenta a savia
inhundando o planeta de xeo

0 comentarios: