nunca esquecerei esta noite/foi unha noite perfecta/a millor noite da miña vida

a mañá é boa para camiñar
branca, fría e co cheiro da humidade en simbiose co bafo a cafeína que habita a cociña
estimula a pel adormecida
a morna proximidade dun bico que viaxa perdido polas sabas quentes que estrangulan as pernas
mentras
o asubío insistente do casio
o desquiciante fío musical da rutina
viaxa ingrávido polo cuarto

a mañá é curta
tópica
sorpréndeche cando non a coñeces
subido ao tranvía da mañá nunha nova cidade
triste
anubrada pola conversa que inagurou a primeira hora

porque son comezo
fin
realidade

de pel fráxil como as pompas de xabón que rebentan no aire
cítrica e sensíbel
incomprendida

á mañá

1 comentarios:

besbe disse...

eu desexo mañás novas, mañás distintas, mañás boas para camiñar :) e é boa unha mañá coma esta para felicitarche o aniversario con algo de retraso, parabéns neno :)