entrada

nova entrada

de volta do traballo inexistente
da crúa noción deste tempo parado
morto
inmóvil

nova entrada

e saída

suor pegado ao corpo
bicos mornos na caluga
e agullas nos brazos

na zona sensible
a máis próxima ao tronco

despois distancia
abismo calado de cores escuras

medo
silencio
e eu
no silencio pacendo verde disecado
repousando os ollos sobre as mans queixosas da terra

a casa
desfigura
o sono
a cama absorve
con ela
repouso incómodo
e xa non durmo
só fatigo aos pensamentos gasosos enchendo de merda o aire

xa nin entro nin salo

agora son o meridiano intransitable
o infinito máis próximo
esta contradicción

1 comentarios:

mariademallou disse...

xa sabes que os teus textos me gustan un montón, así que parabéns ;)

por certo, estás por gz? pareciume entender iso no que poñías no meu blog. se é así agardo verche pronto.
bico!