na demora

amplío o xesto da fronte na demora
confío en que dará chegado
que atopará o lugar da cita

preguntará pola rúa
correrá correrá
chegará desfalecida

e senón chega irei buscala

dende eiquí só tardarei media vida

0 comentarios: