repostart

REPOSTO 1

apértame a luz da ialma
as mans e o leito no que aínda durmo

escoítame por baixo
moi por baixo das orellas
dos buratos do nariz grampados pola conxestión desta noite fría

apértame feliz coma un boneco
tírame o ar
e que o vento espelúxeme a cara

despois abrígame
porque xa sabes que as noites van frías
e téndeme na galería pertiño da madeira quente do sol da tarde
pra que poida estirar os brazos
e abrazarte
forte
no chan
ou no teito
ou colgados da lámpada collidos polos beizos mollados

agora sinto as mans durmidas
estremecéndose entre as engurras das sabas
e penso en eterniza-lo soño
volver ao seu comezo
cando ti apértábasme a luz da ialma
as mans e o leito no que aínda...


REPOSTO 2

non sei que facía alí enriba.
o seu cabelo semellaba unha lámpada de araña. a súa cabeza iluminada era unha vela ardendo que pintaba nubes negras no teito.
saltaba e os muelles xemían polo esforzo.
na habitación só estabamos o colchón, ela e máis eu.
tamén a súa lámpada, a súa fereza, a roupa minando o chan gastado e un cinceiro.
seguía saltando sen comprender aínda o por que do seu impulso agresivo.
vertía sobre min a suor da súa pel quente. o fluído era constante, facía dos nosos corpos unha única figura.

mentras ela seguía batendo a súa pelve con forza, retorcendo o meu pene cos seus estratéxicos movementos, a miña mente esbarou caendo na ataraxia.

nese intre comprendín a felicidade, o pracer do máis sinxelo impulso, comprendín que o corpo non existía, que levaba horas luitando, queimando as unllas contra o chan sen conseguir o meu propósito.
a intención desapareceu.
se xa non teño obxectivo, se o meu fin non existe neste momento, non podo facer outra cousa que continuar.
agardarei no pracer ate que desapareza.


berrou e sorriu.
apertoume forte, moi forte dende a súa altura.
sentía intensamente a humidade do seu interior, as súas contraccións bicábanme succionando o pracer pra devolvermo.
quixen ficar dentro dela pra sempre.
logo seu tronco cedeu caendo sobre o meu.
as contraccións debilitáronse.
a guedella retomou a súa forma mentres vestíase diante da ventá pola que entraban coladas as lúces da rúa. no seu corpo os pequenos lunares proxectados da persiana semellaban estrelas.
antes de pecha-la porta xirouse un intre.
logo marchou.


REPOSTO 3

a cavidade interna do meu vacío é ampla e confortable

rinde como as neveiras que crían xeo

nela viven
o xen camuflado
a luita constante
o esperma nas teas de araña

só un tempo
uns anos

logo fuxen
recobran a forma


REPOSTO 4

abro a porta e atópome a escuras na rúa. intúo os meus últimos pasos antes de abri-la porta.retorno as miñas pegadas ate o punto que desaparecen e volvo a dirixirme ata a porta.ábrome.entro.séntome no meu colo cantando con voz moi doce.non é a miña voz.véxome dende o marco da porta mecéndome.escoito a melodía que canto cos beizos pegados.é unha desas cancións sen letra.acendo o fogón da cociña e verto o leite sobre o cazo que leva as marcas queimadas no metal negro.está frío o tempo.a casa baleira.trolo oco da manta miro o fume saindo da cociña.deixo de cantar.o cheiro xa chegoume á boca.ao interior da boca.derramo un grito agudo e constante.non é a miña voz.o berro carnal faime saltar da cadeira.abro a porta.toda a rúa está iluminada.o meu corpo inmenso é unha mancha oscura.boto a correr facéndome pequeno.fican dentro meus segredos.desaparezo.


REPOSTO 5

de pé

estou de pé

baile estático de eixo fixo
e mans nos petos

xente

máis xente

xente en gupos

e xente soa



en soidade dourada de escume de cervexa

animándose
motivándose
destilando o pracer de comparti-la nada
de todos

obrigada

e esa canción da infancia que sempre recordas
como os ollos da mestra
cravando a súa frustrada mirada de ninfa maligna
nas túas orellas brandas e brancas e redondas

logo
tamén
o recordo confuso e taquicárdico
dos golpes que levaches

e negróns coma nubes de estorniños
xirando ao redor dun xardín afastado
onde o vento perdeuse evitando o seu paso
coitado
tremendo
con pausado alento
fatiga
e sono

voltas ao leito engurrado
e de pé
porque estás de pé
ves pasar unha mosca con as vermellas
cantando a túa vida con voz Minnelli

focos
fume
e papel cebola
cubrindo teu rostro

un cheiro moi raro
chega do baño
abre a porta
e corre na túa procura
corre
corre
que non te colla

o cuarto enraízase co teu cabelo
e faise de la negra absorevente

vai ser o teu cadaleito para este día redecorado
o teu refuxio de resaca
un peluche que chora coa pata cravada entre a porta
a túa dona calva que espanta
o segredo da fraternidade
que destrúo indagando nas posibeis causas da bondade

0 comentarios: