enriba da mesa os zapatos
pedras pequenas nas gretas da sola
unha culler rugosa
cuberta de azucre
desola o aire que respírase dentro
fai maior a soidade
coa súa inevitable presencia
érguese do chan unha mosca mollada
as mans amosan as palmas
enriba están as fendas empoadas polas que viaxou a arritmia
logo contráense os brazos
as pernas
tremén os ollos
o recordo
a histeria
o bafo esquecido que arreguiza a caluga
1 comentarios:
Tes que poñer ben o enlace, porque eu quería descargar o libriño, e como non che ando moi ben nesto das novas tecnoloxías pois en fin, que o poñas un pouco máis sinxelo si se pode.
Unha aperta. e felices festas.
Enviar um comentário