a primeira nota

Quería compoñer a última canción.
Deixar unha fermosa nota antes dun suicidio premeditado.
Quería crear unha última e definitiva melodía que rematase con tódalas demáis composicións...quería anula-los restos da intención emotiva que ficaba no seu ego, decorar as liñás exteriores das estradas co roce do seu son último.
Quería que se poidese escoitar baixo a terra e tamén nas tormentas máis salvaxes, nos remuiños dun río envelenado...todo isto o faría sen sonidos nen linguas, sen os instrumentos que tínguense do carácter de quen os cataloga...

Xa a escoitaba no seu interior (debuxada coma as casas nas libretas dos nenos, con árbores de pólas tortas pegadas e aristas cortantes cargando froitos que aínda non existen, só se pensan)
A escoitaba no silencio da noite achegándose dende a copa debuxada, batendo nas portas da casa, entrando no cuarto no que ela estaba deitada, e canto máis se aproximaba máis aumentaba a súa presencia no exterior...non se desplazaba....expandíase.
Achegouse tanto ao seu senso, a súa comprensión, a súa mente...que xa estaba alí dentro incrustada formando parte da estructura da súa existencia...
Mentras gozaba do máis fermoso acorde, do bafo calado que a estremecía, pensou en que nunca podería crear algo semellante, que xamáis podería estirpar a esencia do que sentira aquela noite.
Decidiu esquecerse da súa última composición, de falar,de ouvir, de asearse, de camiñar...encorvouse na cama e esqueceuse de que nunca antes intentara crear nada así que todo o que fixese nunca sería o último, senón o primeiro, a primeira palabra, o primeiro paso.

0 comentarios: