achégome a vos que tedes alma
voz
corpo
sorrisos
comunións extinguidas
carro novo e reloxo

achégome cavilante
vertixinoso
aparecendo diante vosa
que sodes finitos e palpabeis
rezando meu credo de sospeita

quen me esquive leva unha hostia
será o primeiro que escoitedes

logo miña voz suave
postulará farois radiantes
esterco anacrónico
cuestións perdidas
universais?

falarei coa voz dos vellos
o que non me compete
e ó certo e que entraranvos ganas de fuxir
son insoportable
mais farei notar a furia nos ollos
perante a tentativa da evasión
coma un neno irritado

achegarme a vós
e decirvos isto
non significa nada

mais o escrivo
pra que nunca suceda

evitade o contaxio
a epidemia inconsciente
cos enfermos da lexión xenreira

fuxirá de min este sentimento
agora que xa está xerado?

2 comentarios:

Anónimo disse...

Eu também che boto a faltar... temos que ir à procura de fermosos lugares pra fazer a fotossíntese... um abraço meu!

Raposo disse...

Parabens polo texto.