un comeza a sorrir cando ten boca
e fala e pide e estoura en verbas fanadas
o seu veleno punzante

un tolea cando non o escoitan
ninguén o escoita

cando viaxa só
e a luz vaise nos tuneis

un comeza a sorrir cando o insultan
cando esvara na rúa

sorrís co primeiro auterretrato
e tamén co último
coa pasta de dentes seca nos beizos

nos enterros
na oficina de emprego
nas butacas dos dentistas
ou cando vomitas teu xenio nun domingo raiante

un sorrí porque lle dá a gana

0 comentarios: