esquiveina ao erguerme
tiven que rodear o sofá
porque era realmente grande

o cheiro entraba polo poros
e logo de limpar a fondo
lavei a pel con pedras

pulín a miña forma

ou final non vai ser un bo día

o almorzo deume náuseas
e despois o sol da mañá
o fume da cafetería
e o reflexo das follas en branco

todo era convulsivo e cargante

as voces ferían o meu equilibrio

cada verba
cada pregunta
golpeábame a fronte contra as paredes

¿que vai tomar?

herbas con xeo
en vaso grande se fai o favor


así repetiranse os feitos
nun bucle imaxinario
que anulará meus días
polos días do libro que borro ao erguerme

0 comentarios: