é doado viaxar
sen os xeonllos do pasaxeiro de en fronte

así escribo con lixereza
as verbas que acontecen nos ollos das xanelas

e penso na adecuada forma de expresarme
no pensamento
nas cabinas de fotos instantáneas

penso en ti

encapsúlaseme o corpo
só pra que me engulas

así viaxo polo teu corpo
fluíndo na dozura da túa pele interna

ámote nesta viaxe soitaria
acompañado de asentos baleiros

así son dual
con dúas pasaxes mercadas no peto
e son teu e do tren

mais polo tren só flúo coma persoa

polo teu corpo
pola túa mente
xa sabes como viaxo

1 comentarios:

Anónimo disse...

As veces, un poema pode facer fermosa unha viaxe.
Parabens.