Sinais verticais:
unha burbulla ancorada ao mastil
e un neno voando...

Agarra forte a súa esfera,
o seu cépelin imaxinario,
levando dentro bonecos sorrintes,
doces vermellos de zucre
e unha maleta chea de contos.

Ao millor atopa o seu xardín perdido.

Mais a metralla que perforou o peito
e o noxento falo que desgarrou o corpo
non van ter cabida.

Só vivirá apertado aos peitos de mamá
debuxando o seu pobo en branco e negro.

A burbulla estoura ao mencer,
as bágoas debuxan o negro da súa aldea
e o neno pérdese en bramidos furiosos
desaparecendo entre sorrisos dos galóns colgados.

0 comentarios: