maio tivo días
cordas ciscadas polo chan
formando aros deformados pola luz que incidía sobre elas
raiados reflexos no vidro das xanelas
a casa está máis baleira
máis
aínda máis
agora é un xigante
e eu vivo no embigo da súa barriga cadrada
nadando a crol entre os remuíños do silencio
aquí arrastrei o meu tempo
o meu escaso lecer
e colgo con pinzas a roupa mollada
apertando os pezóns do xigante
el non se queixa
a casa non se move
as paredes gardan o rastro dos marcos
isto faime sorrir
intúo todo o que puido estar colgado antes
cando eu non existía
cando as pegadas na madeira
eran dun pe máis pequeno
si
aínda máis
máis pequeno que xigante
xigante está ausente
e pequeno agarima o meu silencio
nas esquecidas horas de maio
maio foi un soño
que eu nin recordo
2 comentarios:
que bonito maio.
e a cabeceira nova;)
que bonito maio.
e a cabeceira nova;)
Enviar um comentário