SEIS HORAS SENTADO

arrancou morno o día
dende o asento do bus azul e gris

ascendemos Pajares
penetramos á terra

logo a vexetación desaparece

observo á montaña

séguenlle a medrar cristas
que desafían ao vento que as corta


sen que nada cambie

só nós cambiamos
só nós damos forma

penetramos á terra

outra vez

pecho os ollos
a miña cabeza comeza a facer pequenos círculos

debuxo lentamente aros amorfos
ate caer na incomodidade do meu asento

onte durmín pouco

abro os ollos

ante min as pedras gaudianas de Astorga

o pequeno palacete
mantecados
cecina

e unha vella sentada á sombra
baixo unha figueira
rodeada de plantas de pementos
sen pementos aínda

quixera estar onda ela

lendo

afora
no cuberto


viaxar dende o seu asento
cara o meu destino

levo xusto detrás unha moza
que fala moi baixiño

con voz doce
e sen querer facer dano
remata a súa conversa

comeza a chorar

nun intre
o pranto
os berros dun rapaz hiperactivo
a estúpida conversa do preparador de opositores
a señora que perde a cobertura
o bafo que me sube polas pernas
o constante ruído da estrada

que va! eu non ligo nada
Cristina é superdotada
a Luís voulle recomendar que se retire
non vale para isto
ten paxaros na cabeza
a miña nai está moi nerviosa
xa sabes como é Salva
pero Salva non me fales así
non me digas tranquila sempre
leva toda a viaxe gravándose co mp3
miña nai me maltrata
miña nai me maltrata
di que así ten probas para cando a denuncie


aaaaaahhhhhhhhhhhhhhhhhh!!!
vou cagarme en dios!!!
viaxamos máis de 40 persoas
e só se escoitan as mesmas voces

canto máis?

Xa está
penso que todo calmouse

só unha última pregunta

- este bus vai para Vigo?

- si

-a vale

continúo lendo ate o meu destino
o Sil verde
o Miño gris
o Porriño rosa

cando chego

respiro

fumo un cigarro
e penso

foi unha boa viaxe

0 comentarios: