0000000000000000

podo escribir merda

termos aplacados
engurrados no tempo

asfaltados de esterco

todos cargados
no peto da camisa que nunca levo

podo cuspir alcohol

volver a abrir a boca
e facer que regrese por onde entrou

cada vez máis feble
máis morno
cotiá
coma de costume
afeito a el
hora tras hora

pasan os segundos mortos
entre o po que acumulan meus ombreiros

sinto cóxegas nos nocellos

ou ardor

ou cansazo

sinto o noxo deste día

os raios céganme
atravesando o vidro gretado
e xusto na fisura
un destello aumenta
ate queimar ese monte de follas

vou deixar que ardan

queimarei tamén os meus calcetíns

eses cos que sempre durmías
ti
eu
cando era neno

aínda que sempre meus pes camiñaron espidos

podo escribir merda

baldear meu absurdo
coa tinta que me sobra
sobre os folios enramados

os mesmos que afastei do corredor
onde as pombas deixaban o seu recordo
a súa sinatura fedenta

agora que

que me contas

que non podo escribir nas paredes
porque teño tinta negra

e os ollos

marróns
case negros

e o cabelo

e as follas

e as paredes

tamén tentei raialas

teñen mil capas

todas negras

non hai forma

por iso escribo merda

hoxe
e mañá

redundando no cheiro

afeito a el

vencido
laido
e cheo de merda
escribo merda

0 comentarios: