nun recuncho
cables enrolados cada vez máis altos
unha roda invisíbel que atravesa a estrada
e pensamentos moídos no morteiro impaciente
ti reflectida no espello
as sirenas en aumento
máis
máis volume
noutro recuncho a túa roupa
descorada
afastada do corpo
exiliada entre o po da ausencia
voces que rebotan nas xanelas
onde deixaches teus beizos marcados
eu os perfilo
día a día
agarimo seu rastro
con luvas salgadas
o sol caeu
e unha porta fechada afundiume o rostro
2 comentarios:
Parabens por tan fermoso poema.
As lembranzas e ese afán de atalas a nós, como para REvivilas e sentir que estamos tan vivos coma nese pasado fermosísimo...Esos lazos que non damos roto son as "voces que rebotan nas xanelas/ onde deixaches teus beizos marcados". Dacordo co raposo, fermoso poema. (valdeorosa)
Enviar um comentário