X

xa non
xa non escribo con tinta
garabatos esquilados no meu peito
xa non teño diminutas calvas na cabeza

o tempo corre pola billa coma de costume
e o son eterno da caida penétra no meu sol diario

agardo o pan
a noite
o silencio
as palabras que reitero
sempre
coma o bus que pasa impuntual
pola porta do meu aseo descoidado

un lugar ao carón do mar
un baile coa auga nos beizos
unha cuncha cravada no pe
faime coxo de sentimento
e torpe nos recordos

o meu reloxo de area caeu horizontal
a miña noite enteira vaise consumindo
en caladas longas e inútiles
o meu calado diario xa non amosa nada

cando escribirei a ledicia?
cando tremerei coa sinxela voz da apatía?

hoxe non

agarrarei a retina coas mans pra ollarme

tentarei cambiar meu rostro esquivo
voltarei á boca fechada
aos días ermitáns e furtivos
esquecido das conversas cotiás

so falarei co suxo uniforme
pra berrarlle cuspindo
a miña angustia cambiante
o meu fluxo obseso de inconformidade muda

xa non
xa non escribo con tinta
agora vou camiñar
camiñar deitado o sono que nunca disfruto

0 comentarios: