É raro

é raro ollalos
saindo polo arco queimándose as mans
e agarrando falos brancos estériles

non pérdense

van sandar a gula do seu vacuo segredo
felices e risoños

e cando todo remate
camiñarán desconcertados
cambiarán o rolo de papel queimado
e limparán logo a merda de todos
pero sempre esquecendo a súa

ese é o segredo que ninguén coñece
a cara figurada que reflexan
no tornasol queimado das súas faces

resucitade da vosa embolia futura
antes de que chegue
atopádevos irmáns coas vosas verdades

e sufride sen máis
sufride agarrados ao vértice da caida

ninguén garda o retrato dun corpo sen vida

é raro
é triste

e entristéceme a suciedade amontoada trala porta

2 comentarios:

Son Unha Xoaniña disse...

É raro y é triste...
pero non te vaias mergullar na tristeza...
un bico.

Anónimo disse...

É raro. Cando se percibe que un xa está na metade do camiño cae na conta de que ser abúlico ou cínico ou egoísta nesta trampa para todos é raro. Un bico de Asor(valdeorosa)