advirto os teus dedos na columna
un debuxo
o seu relieve
a man envolve
e estremezo
fágome po e sinto calor
sinto tamén o peso do teu corpo
agochas o que non quero ollar
vexo polos teus ollos
namórome deles
saio á rúa espido pra celebralo
síntote aquí
onde a miña mente esvara
onde as verbas calan pra escoitarse
na praia máxica de remuiños
na area pegada dos nosos corpos
coa auga enchemos baldes furados
que sempre precisan contido
non oio nada
agardo o murmurio da túa chegada
0 comentarios:
Enviar um comentário