OFERTAS DE DESEMPREGO

Gústame tocar o fino papel do periódico
e ter no pensamento a teima constate da FUGA,
pasar as follas humedecendo os dedos
e comezar polo final.
Prenderlle lume
para ollar como o tiro da cociña o absorbe
e a madeira berra furiosa...CALOR
(Un home matou a súa muller,
unha muller matou o seu fillo,
un mozo matou a un matrimonio co carro de seus pais
...)
Gústanme as castañas asadas
e ler os defuntos no papel que as envolve
ou os pisos de ocasión
ou as ofertas de desemprego
(que me importará a min isto
se eu do que gosto é das castañas.
..)
Gústame o sabor esquizoide das túas conversas,
a última fileira de pedras deformadas
que sempre penso que van caer
cando camiño preto dese muro...
a hedra que o sostén,
as avellas que nos espían cando fodemos
e as rochas quentes do monte
que déixannos pequenos buracos nas nádegas
(se tiveramos polo menos unhas follas de periódico...).
De péqueno gustábame o ximnasio de madeira,
coser pallasos con retallos de mil cores
e camiñar do revés para caer sempre,
camiñar do revés para caer sempre,
camiñar do revés para caer sempre,
camiñar do revés para caer sempre...

0 comentarios: