Leo o poema que está raiado na parede do baño,
pernas de tinta abertas e pechadas,
pechadas e abertas...
papeis polo chan,
papeis manchados ciscados polo chan.
Na molesta máquina de aire quente
alguén deixou un reloxo
mais non penso collelo...
alguén perdeu o tempo,
un agasallo,
unha data no reverso da esfera,
un nome, unha frase,
non vou adquirir o tempo doutra persoa.
Eu aínda non teño o meu.
Seco as mans sacudíndoas contra o espello
e do meu rostro caen bágoas secas.
Premo o rectángulo laranxa
e comeza a tormenta.
Apoio as miñas costas no azulexo
(nin sequera ollei o seu estado...
pódomo imaxinar)
esvaro pola áspera parede
ata situarme baixo o pequeno furacán de aire quente.
Párase.
Non atino a premer dende aquí.
Os meus dedos estíranse,
estrálanme as costelas,
nada,
non dou chegado.
Érgome,
golpéome coa merda do couso do aire,
cuspo contra o espello,
rebento o reloxo contra o chan,
pateo a porta raiada do poema
e saio co meu traxe de elefante
pola porta do aseo do teatro
disposto a que hoxe todos me sorrían.
6 comentarios:
mui chulo.quedei parada debaixo do couso do aire ;)
esta tarde, por inspiración do neno congoxa, alvaro de campos no e- music.
;) un saúdo
a semana anterior escoitei que iades a ler Tabaquería (o millor dos poemas que lin) e pensei que pegaríalle ben unha música ó estilo de Yann Tierssen pero haberá que agardar á sorpresa da escolla de Sak...unha aperta e moita sorte
oh...pois agora xa fui e sak sorprendeume cun tema tranquilote e resultón ;) pero aceptamos propostas para a semana que ven, que lemos a lois pereiro:
Tristemente convivo coa túa ausencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
sen decidir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
(....)
e o que segue ...xa o escuitarás.
;)
pra Pereiro o que mais lhe pega é algo de Ian e os seus muchachos como Isolation..... da gana de pôr os pes no extremo do cantil e deixar que o vento decida, se é nordés vivo e volvo-me louco.... se vem do sul baixo até o mar sem o ascensor de Vazquez mas com umha grata sensaçom de estar caminho dum lugar melhor...
Mother I tried please believe me,
I'm doing the best that I can.
I'm ashamed of the things I've been put through,
I'm ashamed of the person I am.
Cadroume de estar lendo os vossos comentarios mentres escoitaba a Cinematic Orchestra (tema:chanel 1 suite-disco:motion)...vai ser por isto que me decante por eles como a miña opción para a leitura do poema de Pereiro...como vedes non me esmerei moito mais resultoume agradable ler o anaquiño de poema con eles(cousas da casualidade pero
esa voz femenina que racha finamente a pel no crescendo do tema encántame)
unha aperta
Hola. Xa baixei o teu poemario. Gústame. Ten forza o que dis e resulta sincero. Este que colgaches hoxe, en concreto, moi chulo: a min tamén me pesa un pouco o rollo do tempo. Vexo que falades de música por aquí, gustaríame saber(porque non teño nin idea ) se María de Mallou pon esta música na radio. Gustaríame escoitala. Grazas anticipadas pola información e unha aperta
Enviar um comentário