Inda que non é habitual, vou a falar de min pero non de forma poética...
Hoxe publícase en A Regueifa Plataforma a primeira escolma de Neno Congoxa, así que quen prefira ler os vinte poemas e catro relatos curtos que forman Cerne en formato PDF poden descargalo dende a páxina da plataforma.
Vos deixo aquí a opinión que escribiu para as primeiras páxinas de Cerne o meu irmán e amigo Dobranoc.
"Cuspindo sangue , hipocrisía e bagoas …
Poesía escura, existencialista , chea de rabia , nun tempo onde todo corre e afoga, nun tempo onde quedámonos sen voz, escondidos, refuxiados nas letras e na noite e atopámonos co máis visceral e repugnante, atopámonos co artificio dunha sociedade horrible, noxenta...
A escolma é unha serie de mocos cuspidos dende o interior dun ser farto, que con gran sutileza dálle forma e sentimento para se converter en rock duro, en berro de desesperación, ou nun sorriso enxordecedor e tolo.
O poema “á tristeza”, é unha patada no fígado, un sentimento arraigado pero oculto, que define dunha forma triste e fermosa ese sentimento de derrota e desolación que sentes cando ves ó teu redor e non ves vida...
Cando os nenos deixaron de xogar el(o autor)era aínda un neno pero que nunca deixaría de xogar...segue berrando coas túas verbas no papel, e segue asombrándote co quedo, co silencio, co sono.
Sentir a derrota, non é estar derrotado, é simplemente o camiño para a vitoria...deixa que se confíen.
Un sorriso no aire."
1 comentarios:
HolaSon eu(valdeorosa). Interésame o que escribes. Creo que o fas moi ben. Vou intentar descargar isto. Como son un pouco torpe, non sei se darei... A ver. Prometo que se o baixo lerei atentamente as palabras coas que estendes a túa radicalidade, como unha balada rock. Noraboa
Enviar um comentário