ESQUECINME

Conmoveu ás pedras
e ós charcos secos de bágoas
absorberon a súa tristeza...
Camiñou anos en soidade
polo senda estúpida do desengano
e un día ergueuse espida entre follas secas
tinguida do erotismo que emanaba do monte húmido,
tirouse á terra,
ás pólas máis fermosas e belidas,
tirouse polo universo enteiro
a rodar sen tempo para atoparse.

1 comentarios:

Son Unha Xoaniña disse...

"...e un dia ergueuse espida entre follas secas
tinguida do erotismo que emanaba do monte húmido..."
vouche roubar estas palabras.
gústanme os teu pemas.