Xa vexo o que hai,
antes tiña algo de cegueira.
Agora o ceo é claro
e a natureza...pois como se atopa...
en trance de descomposición...
Esterco de ras en celo,
pisamos o seu rastro,
seguímolo fanáticos na escuridade.
Eu ollo a xente feliz
e reflíctome neles.
Camiño con Álvaro os campos
fumando o tempo sen fume
e sen cigarros insuflamos o aire denso,
sucio e molesto dos carros negros...
vaia paseo máis insalubre,
a poesía hoxe ficou na mesiña da entrada
onde deixei anotado o número do teu teléfono,
nunca retornará esa mesa alta a miña vida...
penso que non volverei a ese motel
a por un papel mollado
Campos que falaban...
Álvaro enmudeceuse.
Eu vexo a xente sorrir...
comezo a enfurecerme...
arrinco os beizos das revistas e os fago anacos...
Hoxe vou ficar na cama a ler constantemente...
TABAQUERÍA
4 comentarios:
Hola¡ Ás veces a cegueira custa tormentas e lóstregos ... Pero é tan difícil non caer...(valdeorosa)
unha mui boa escolla pra lectura ;)
hOLA¡¡¡Xa descarguei o teu poemario. Estouno lendo.Moito ánimo e continúa a escribir, sobre todo porque che gusta a ti e logo porque as cousas irán indo. Ten fé. Moito ánimo¡
(valdeorosa)
iso o teño claro..e das cousas das que máis gosto...grazas polo ánimo
Enviar um comentário