HOXE VIUME A MENTE O TEU RECORDO COA CLARIDADE DOS DÍAS QUEIMADOS DE NÉBOA

deixei de falarte,
pensar que ti eras eu.
esquecín case o teu nome,
a voz que agarimaba o meu colo,
as mans que premían impulsos.

xa non teño os soles e as noites
nin o mar alleo de tormentas
nin as verbas de agasallo
para os teus ollos,
non teño amor.

para os teus ollos meus pesadelos,
o silencio da carraxe
e camiños de maleza acendida...

papeis nos petos esquecidos
que ascenden a miña boca,
humanizados
e ameazantes,
provocando a náusea de sempre:
érguenme da tépeda estanquidade
abrindo a fenda pola que expiro o bafo.

deixei de falarte,
pensar que ti eras eu.

deixei o recordo
na camisa queimada
(a que tirei no río da nosa partida)
percateime de que un xogo de un é un mal xogo
e eu xoguei no parque oxidado
a ver quen brincaba máis
pero sempre gañaba...



tamén perdía sempre.

5 comentarios:

Son Unha Xoaniña disse...

Como me gustaron estas poesías que colgaches!!
Eres un poeta, neno congoxa.
un saúdo.

mariademallou disse...

meu, queremos convidarche a que partisipes da cadea de mmmmusicas para foder que harvey e unha servidora puxemos en marcha. se te animas, pasa pola casatlantica ou por moderno de merda pra ver de que vai. é só escoller 5 temas

;)
saúdos

pd: de serto que escribes ghuai. ghanastes outro fan ;)

Anónimo disse...

eh eh, yo lo vi primero! já me queredes roubar ao neno congoxa, malditas mulheres!!! hahahahaha, bom compartimo-lo, já decidiremos que parte é pra cada um :)

Raposo disse...

Fermosos poemas os que atopei eiquí.
Parabens.

besbe disse...

pois a min con miralo ben me chega Harvey, que non che quitamos nada e de certo que escribes moi ben :)