Hoxe teño no peito unha dor.
Unha dor física
que fai que sexa consciente do meu corpo,
enfermo hoxe...
Érgome con mel no cabelo
espesando o pensamento.
A dor intensifica a enfermidade
e voume afundindo na almofada
ata perderme nela.
Non atopo as verbas que a consolen.
O xarope denso da noite
esqueceuse de facer o seu efecto.
A menciña perdeuse
nos petos furados da preocupación
e agora pagarei
por non habelos cosido.
Voume sumir baixo a auga
comprenderei o segredo da humidade
pensarei en ti,
amor,
esquecerei as agullas que aflixen a distancia.
4 comentarios:
Fermosísimo neno congoxa,
Que ben o escribes.
Segue colgando poemas, eu veño todos os días a recrearme neles.
un saúdo.
Eu penso que o que podes ter agochado no teu peito , unha das tantas cosas k poden revolotear por ahi dentro é un pequeno saltapraos , un pouco revoltoso as veces e ti sentes o dor do pequeno cando este xa se esta recuperando e de novo empeza a brincar .
Fermosisimo , poucas veces che o digo pero todo o k escribes e realmente moi bo como a ti . bicos
O xarope non era bo rapaz, tes que cambiar de xarope. " O xarope denso da noite/ esqueceuse de facer o seu efecto./ A menciña perdeuse nos petos furados da preocupación/ e agora pagarei/ por non telos cosido/". Encantoume. Gústame a xente auténtica coma ti. Adiante cabaleiro¡ Ese sentimento enfermo vaiche deixar aínda moita poesía para golpear na alienación e na máscara.(valdeorosa)
calcetu rotu: perderíame sen o teu agarimo nas menciñas esquecidas do meu peito. Ti es o meu placebo, a droga inocua que o sanda todo. BICOS
rifo i de zeuquirne: pois seguirei escribindo, colgarei con pinzas de madeira a miña poesía para que delle o sol cos vosos comentarios...unha aperta
rosa: de seguro que terei que cambiar de xarope...no teu comentario usaches dúas palabras que sempre estiveron presentes na miña simboloxía (as veces camufladas dentro doutras): a máscara e a alienación. Tes moi boa vista.
Unha aperta
Enviar um comentário