A luz era clara e molesta,
o tempo unha culler dobrada,
ti delgada na liña estreita do equilibrio
pousando todo o teu corpo nun segundo.
A sombra foi distante, esquiva,
unha culler dobrada sen tempo,
eu a silueta estreita no limbo,
agochado, sen dicir nada,
repousando todo o meu interese nun segundo reseso
que xa non voltarei a buscar.
0 comentarios:
Enviar um comentário