Podemos reptar e gañar tempo,
roubar reloxos e agullas lonxincuas
para construír a nosa penúltima torre...
ancorarnos aos modernos cambios
e fluír sempre con eles.
Poderíamos ter nubes de terra
e terra gaseada no peto furado...
unha pluma que faia sempre
e unha folla que nunca foi branca.
Ollar sen complexos o vento
que move saias pregadas,
o pranto irreal,
as rodas dos carros,
o cerume adherido aos cóbados roídos,
unha liña lonxincua que perece no intento
e remata sendo o arco afogado baixo o meu río.
Perigo.
0 comentarios:
Enviar um comentário