O REGRESO

Borraches tódolos sinais
e todos reapareceron.
Borraches con forza os nomes,
as verbas que feriron,
a lingua que inquedaba os teus beizos...
Quixeches fuxir
e sempre regresabas
como se o imán da súa boca
fose un atractivo reclamo,
unha punta cravada na túa sen.

1 comentarios:

rosa enriquez disse...

Hola.Benvido a Valdeorosa e encantada de chegar ata aquí. Escribes moi ben. Gústame. Voltarei...
porque como ti dis sempre volve todo ao principio como nunha especie de eterno retorno que nos retorce no seu van... Porén haberá un longo espacio de silencios para esquecer...