oOoOoOo


O ceo refíxose nun mencer perfecto,un fío alaranxado de nubes cosía as montañas agretadas namentres o sol relentizaba o seu movemento...case perdo a consciencia, case regreso o sono perfecto, o sono que rouboume o tempo enxaulado, o sistema e o reloxe...que voou en parábola dende a mesiña ate o chan cando comezou a berrar agudos-graznidos-simulados.
O ceo desdebuxouse e agora todo volta ao seu normal transcorrer.

0 comentarios: