COMPAÑEIR@

Tiven na miña vida un can,
un paraugas e unhas botas de goma.
Tiven o tempo a correr polo monte
e o ceo a soñar con el.
Tiven unha rocha de fume,
unha compaña perfecta,
unha profunda conversa
ó redor de piñeiros esquiados.
Tiven na man unha miñoca
e nos ollos o seu reflexo,
tiven nas mans un niño exiliado
e na mente o seu reflexo.
Tiven na miña vida un can,
un paraugas,
unhas botas de goma
e o tempo a correr polo monte.

0 comentarios: