Hoxe ollei pola xanela as pingas que ían caindo cada vez máis lentas, cada vez máis delgadas e translúcidas.
Hoxe olleime reflexado nun fío de auga perfecto e sorprendinme ó contemplar o meu rostro sen rostro e as miñas mans sen tacto. Adentreime na pinga e sentín a humidade dentro dos ósos e tamén sentín que a miña pel desaparecía...penso que só era mente e pensamentos e o final só era mente...¿mente?, ¿pensamentos?
Quixen esquecer este espazo onírico e saquei a miña lingua deforme disposto a relamer esa pinga perfecta, absorvela ata o meu interior.
Esquecín que o día estaba frío, moi, moi frío, o día estaba conxelado e a lingua e a mente ficaron unidas por ese fío perfecto de auga, sen pensamentos, ate o sol do mediodía.
1 comentarios:
Ai meu Iago, que bem nos escreve o rapas!!!
Já estou na tua blogovida e aginha veremo-nos na de verdade dançando ao som de Caciques hahahaha, um abraço!
Enviar um comentário