UN SORRISO

Un xigante, unha rocha,
a boca de peixes mortos,
un recordo de salitre…
o sol quencendo algas…
A pel sécase,
retorce a súa tersa,
delicada,
enmascarada,
adornada
suavidade.
A pel desaparece,
O mar inverte o ritmo,
A area faise barro,
un recordo de salitre.
As plumas nos beizos,
as cadeiras rotas,
unha lima no cerebro pulindo o inexistente…
Un segredo,
os aforros…
consumo de dioxinas,
grasas e larvas de consumo,
consumo de tristeza,
grasa e larvas de consumo.
Consumo de verbas,
apáticas verbas de soidade
rebozándose,
disfrutando da ledicía de estar só
e da tristeza de vivir con xente…
merda rebozada en algas queimadas.
Un sorriso.

0 comentarios: