Cando non poidamos respirar
cando os pulmóns sacudan o seu polvo anquilosado
cando a caspa dos nosos ollos espese a cegueira...
camiñaremos a gatas, reptando polo inferno
e queimaremos as nosas mans ó arrastrarnos
,os nosos brazos e os xeonllos,
a nosa suxa lingua,
a nosa egoista cobiza,
o noso recordo de bondade.
Todos na pira da inconsciencia
navegando entre a soidade de seres amorfos,
entre a magmática vexetación roubada...
Cada día ten menos senso
menos vitalidade...
e vai morrendo pouco a pouco
ata que desaparece...
Quizais renaza logo dun tempo
coa forma torcida das revanchas,
coa cor do rencor impresa.
Quizais creza odiando todo o que lle rodea
ata que na adolescencia
cometa o crime capital,
a degolación de todo o seu entorno
sen poder nos facer nada,
so seremos víctimas,
seremos os esquecidos verdugos xulgados...
e a xustiza será natural
e coherente
e xusta.
0 comentarios:
Enviar um comentário