VOU A FALAR DE TI

Penso que a todos nos une
O sabor amargo das nosas bocas
O peso do cuspe cimentado
A rancia tormenta de encontros

Penso que cando saio pola porta
O sol non é o que da vida ás follas
Nen a chuvia quen as limpa
Senón que ambos confabulan
E atacan os meus hombros flácidos
Para afundirme pouco a pouco

Que porcos

“Quixera ter de que falar
Non falar de ti
De vos
De todo DIOS
Sen saber nada,
Sen ter conciencia nen interés…”

Decía isto coa boca semiaberta,
Con esa boca de serpe fanada…

Que noxo...

Pero coma ela todos falaban
berraban ás portas dos bares
sentenciando a VIDA da XENTE,
case sempre comezaban por alguén MALO,
-O PEOR,
O MÁIS EXTRAÑO,
O MÁIS APÁTICO,
EN FIN O MÁIS CALADO-
logo a pasión das súas linguas
os levaba a fluir
sen pausa
-como mulleres en celo,
como homes en celo,
como as ras en celo
cos seus escuros órganos saídos -
vomitando todo o seu ABURRIMENTO
sobre o sopor da rúa abandonada….

Cada día que camiño…
retrocedo
Cada rostro que vexo…
Esquívame.

¡Eu non quero ser
as escasas palabras
das súas bocas!
pero que podo facer…

Retorcerlle os ollos
¿sería demasiado cruel?
¡pero é que así podrían ollarse!
sen medo,
sen a tormenta psicótica das súas rutinas,
sen o roll de esclavas sumisas que adquiriron…
serían máis libres
se devorasen as obleas das súas nalgas
sabendo que o pracer sería delas,
soamente delas dúas…
ou deles dous

SILENCIO
Van a calarse eternamente,
bucearán entre as rochas da morte
para voltar sorrintes con percebes nos beizos
e navallas nas orellas.
SILENCIO
que xa detestaron a súa amizade
e comezan denovo a súa singradura
na inmensa e máis profunda
IGNORANCIA…

SILENCIO

SILENCIO

SILENCIO

SILENCIO

SILENCIO

SILENCIO

SILENCIO

0 comentarios: