UN SER TORPE

Hoxe desperteime e atopei nos meus ollos o sal do recordo pegado ás pestañas..escoitei o vento bater contra as fiestras e notei o sol quencendo a pel da miña cara pero non tiven forza suficiente para despegar os párpados salgados de recordos…
Golpeei a frente contra os cantos das portas ó intentar avanzar ata o aseo para mollar o rostro- despexalo de tanto pesado pensamento - torcín os dedos dos pes contra as patas da mesa do meu estudio e a dor fixome berrar ata que ese berrido contívose nun murmullo doente e sen forza, palpei as paredes coas miñas mans callosas e o clavo que sempre sobresae penetroume na unlla do anular… grande dor…
camiñei ata alcanzar as escaleiras e de paso arranquei un anaco de papel da parede logo de que o meu corpo frenárase de golpe despois de que o pelo atrapárase coa lámpada colgada do teito do pasillo- tanto tempo querendo desfacerme dela e agora case acontece o contrario-, notei que o sol voltaba a golpearme quencendome a pel a través da xanela cenital da escaleira…unha sensación de paz invadiume dende as plantas das pernas, subindo polos xeonllos ata o meu sexo…semellaba que centos de lucecús viaxaban dentro dos meus pantalóns ó redor do meu membro…logo do primeiro paso que din disposto a baixar as escaleiras xa non lle seguiu ningún outro…o meu corpo transformouse nunca bola flaca de final perdido e golpeime peldaño tras peldaño ata caer con forza no chan…
xa non erguinme…propúxenme agardar hierático na miña dor indefinida ata que alguén chegase á porta e poidese berrarlle dende o meu novo submundo para así poder erguerme e continuar coa miña matinal rutina…
pasou un tempo…non sei canto tempo…
voltei a despertar coas pestañas pegadas e cunha terrible dor de cabeza e notaba que ó meu redor un bafo húmido e un olor que recoñecía, pero que non era capaz de definir, rodeábame e á vez aturdíame…un zumbido constante semi-agudo sonaba dentro dos meus oidos, dentro case do meu cerebro…primeiro ascendía finamente ata chegar a un agudo imperceptible para logo lanzarse incrementando o volumen cara o vacío da miña dor, cada tono que descendía destrozábame os tímpanos e tamén a alma…

0 comentarios: