Á TRISTEZA

vexo que o meu redor van medrando malas herbas,
tristeza vexetal e árbores que morren e flores secas,
todos xogando á ruleta coa miña cabeza…
eu aplaudo cos pes colgados a miña derrota
mentres sorríen as paredes apáticas do meu “cuarto”.
Puiden dar un salto,
facer algún movemento para esquivalo
pero sempre agardeí ó efecto para coñecer despois a causa
e sempre perdía o tempo nesta resposta…
con calma fun tragando
engordando a miña dor,
panelando sobre a miña pel a son amarga dos recordos…
agora camiño e contemplo que todo é tristeza,
que a cada intre feliz seguenlle dúas ou tres doenzas,
as veces penso que son os meus ollos
pero ainda estando cego sinto ó mesmo:
contemplo como as unllas retórcense
e como unha bágoa cae xigante sobre a terra…
como as voces, as linguas se anulan
como as razas, as forzas auto.extínguense
como un sombreiro negro énchese de boletos falaces
e sortea vidas e mortes a cada segundo…
contemplo o mar sen solpores, o asasino educado,
o ceo deformado do noso aire,
os meus pulmóns enfermos,
os berros dos desquiciados nenos e dos descoidados pais,
a guerra entre motores sobre a beirarrúa conquistada,
contemplo aves zambullindose no cemento,
cruentas estatuas de pel morena… e branca no inverno,
luces, sombras, excrementos contaminantes, troncos sinuosos,
colmenas de cera verde, pedras, zapatos, reloxes,
lápices de cores, negro, gris, vermello, bosques ardendo,
papeis ardendo, cabezas ardendo, camiñando sen sentir nada,
todos rindo ferozmente coa gorxa extrangulada
e o fondo do esperpento un ser deforme abre a boca
e succiona toda esta escoria,
todo este desorde,
logo as rúas fican brancas, sen movemento, nen son…
soamente unha luz intensa que refléxase punzante no blanco das rúas,
eu fico no recuncho inalterable
na cúpula invencible,
comendo os restos…
contemplo o blanco mundo de algodón falso
a miña frente marcada e a xente tinguida que segue sorrindo,
as veces nada cambia,
todo permanece…
á tristeza

0 comentarios: