poema recuperado. outubro 07

apértame a luz da ialma
as mans e o leito no que aínda durmo

escoítame por baixo
moi por baixo das orellas
dos buratos do nariz grampados pola conxestión desta noite fría

apértame feliz coma un boneco
tírame o ar
e que o vento espelúxeme a cara

despois abrígame
porque xa sabes que as noites van frías
e téndeme na galería pertiño da madeira quente do sol da tarde
pra que poida estira-los brazos
e abrazarte

forte
no chan
ou no teito
ou colgados da lámpada collidos polos beizos mollados

sinto as mans durmidas
estremecéndose entre as engurras das sabas
e penso en eterniza-lo soño
volver ao seu comezo
cando ti apértábasme a luz da ialma
as mans e o leito no que aínda...

0 comentarios: