cortoulle o cabelo tan preto da carne
verde que brotou herba da humidade
un segundo
shhhhhhhhhh
dous
tres
colgan pintados de xiz no teito
e derrétense caendo brandos sobre o rostro
saben ao peso licuado do tempo
cando ao desfacerse da meixela esquerda
amaran na boca infectada
son esa fracción
ese intre inconcluso
esa boneca asomándose pola porta semiaberta do roupeiro
confesando o estéril sentimento
de sentirse soa
e á língua regresa o metal aséptico da túa mirada
cando topo coa roupa tirada
e teu corpo sen rostro no recanto da sala
2 comentarios:
estás feito un artista. e cómo molan os teu deseños de páxina, neno...
precioso poema, e preciosa cabeceira.
vai para o ano que nos coñecemos, estraño vervos e contarvos cousas novidosas e fermosas que pasaron dende aquela;)
saúdos a ambos.
Enviar um comentário