para o tempo

molía o sono con améndoas tostadas
cando do cansancio dos ollos
pasaba ao insomnio da mente

perforaba seu corpo cos dentes
pra colar os berros entre os novos buratos

así conseguía
esquecerse un intre da dor

logo adormecía a mente
con ilusións alleas
palabras roubadas na noite
onde todos durmen
onde só ela
agarda na vixilia
a que chegue o grande momento de caer rendida
batida pola lastre desa teima

-canto tempo levas esperta?
-toda a vida
-e como resistes?
-pensando na morte

1 comentarios:

Mararía disse...

Moi atinado.