medo

recordaba que tiña corpo cando enfermaba e os seus ósos cruxían coma os piñeiros nos días de vento.
nestes días recluíase no seu cuarto e facía un pequeno balance do que tiña feito ata o de agora...pouco ou máis ben nada tardaba este exercicio...a súa vida estaba chea de lagoas sobre as que flotaban os peixes da memoria, peixes verdes plastificados que esvaraban das mans transparentes.
as veces emerxían verbas escritas en táboas, berros desesperados que querían ser escoitados pola voz que os expulsaba. ela, absorta, xiraba o camiño e cravaba a vista na parede pra non sentir aínda máis dor.
sempre o mesmo xogo, a mesma rutina, o mesmo medo.
cando sandaba comezaba outra vida e os días de refuxio afundíanse nunha desas lagoas... nunca, nunca volverán sair.

2 comentarios:

Son Unha Xoaniña disse...

Neno, cambiaches o formato do blog, gústame, pero os teus textos seguen a ser boísimos, cada vez atopo cousas máis fermosas e poéticas. E ti non miraches de publicar?, porque a min paréceme que esto é moi bo.

mariademallou disse...

o que escribes sempre se me mete entre os pulmóns e chega dentro. gústame muito. o novo blog tamén. moi lindo. saúdos de vendaval tolo que sofoca as tardes.