non sei que facía alí enriba.
o seu cabelo semellaba unha lámpada de araña. a súa cabeza iluminada era unha vela ardendo que pintaba nubes negras no teito.
saltaba e os muelles xemían polo esforzo.
na habitación só estabamos o colchón, ela e máis eu.
tamén a súa lámpada, a súa fereza, a roupa minando o chan gastado e un cinceiro.
seguía saltando sen comprender aínda o por que do seu impulso agresivo.
vertía sobre min a suor da súa pel quente. o fluído era constante, facía dos nosos corpos unha única figura.

mentras ela seguía batendo a súa pelve con forza, retorcendo o meu pene cos seus estratéxicos movementos, a miña mente esbarou caendo na ataraxia.

nese intre comprendín a felicidade, o pracer do máis sinxelo impulso, comprendín que o corpo non existía, que levaba horas luitando, queimando as unllas contra o chan sen conseguir o meu propósito.
a intención desapareceu.
se xa non teño obxectivo, se o meu fin non existe neste momento, non podo facer outra cousa que continuar.
agardarei no pracer ate que desapareza.


berrou e sorriu.
apertoume forte, moi forte dende a súa altura.
sentía intensamente a humidade do seu interior, as súas contraccións bicábanme succionando o pracer pra devolvermo.
quixen ficar dentro dela pra sempre.
logo seu tronco cedeu caendo sobre o meu.
as contraccións debilitáronse.
a guedella retomou a súa forma mentres vestíase diante da ventá pola que entraban coladas as lúces da rúa. no seu corpo os pequenos lunares proxectados da persiana semellaban estrelas.
antes de pecha-la porta xirouse un intre.
logo marchou.

2 comentarios:

Mararía disse...

Hai amor neste texto. Moi tenro e fermoso.

mariademallou disse...

que bonito volver á rede e atopar o que escribes. así dá gusto. un saúdo