apértame a luz da ialma

as mans e o leito no que aínda durmo


escoítame por baixo

moi por baixo das orellas

dos buratos do nariz grampados pola conxestión desta noite fría


apértame feliz coma un boneco

tírame o ar

e que o vento espelúxeme a cara


despois abrígame

porque xa sabes que as noites van frías

e téndeme na galería pertiño da madeira quente do sol da tarde

pra que poida estirar os brazos

e abrazarte

forte

no chan

ou no teito

ou colgados da lámpada collidos polos beizos mollados


agora sinto as mans durmidas

estremecéndose entre as engurras das sabas

e penso en eterniza-lo soño

volver ao seu comezo

cando ti apértábasme a luz da ialma

as mans e o leito no que aínda...

0 comentarios: