FRATERNIDADE

de pé

estou de pé

baile estático de eixo fixo
e mans nos petos

xente

máis xente

xente en gupos

e xente soa



en soidade dourada de escume de cervexa

animándose
motivándose
destilando o pracer de comparti-la nada
de todos

obrigada




e esa canción da infancia que sempre recordas
como os ollos da mestra
cravando a súa frustrada mirada de ninfa maligna
nas túas orellas brandas e brancas e redondas

logo
tamén
o recordo confuso e taquicárdico
dos golpes que levaches

e negróns coma nubes de estorniños
xirando ao redor dun xardín afastado
onde o vento perdeuse evitando o seu paso
coitado
tremendo
con pausado alento
fatiga
e sono

voltas ao leito engurrado
e de pé
porque estás de pé
ves pasar unha mosca con as vermellas
cantando a túa vida con voz Minnelli

focos
fume
e papel cebola
cubrindo teu rostro

un cheiro moi raro
chega do baño
abre a porta
e corre na túa procura
corre
corre
que non te colla

o cuarto enraízase co teu cabelo
e faise de la negra absorevente

vai ser o teu cadaleito para este día redecorado
o teu refuxio de resaca
un peluche que chora coa pata cravada entre a porta
a túa dona calva que espanta
o segredo da fraternidade
que destrúo indagando nas posibeis causas da bondade

0 comentarios: