ESTAS SON AS MIÑAS COUSAS

estas son as miñas cousas
as que fanme común a todo
son as formas que recoñezo coma propias

coma a xente
a xente que recoñezo trala porta furada

estas son as pessoas que fanme sorrir
e tamén fan que me emocione
cando pecho os furos coa herba que mastico
cando son rumiante
e redundo nas mesmas pradeiras secas

cada día

son as miñas cousas
as que fun gardando en caixas esquecidas

son todo o que teño
e nunca as levo postas

nuca saio con elas
para non esquencelas nas mesas raiadas
dos bares que non frecuento

aquí poden estar sempre
-son donas de si mesmas-
sen facer ruido
porque eu só serei espectador
un espectador omnisciente
que sabe tanto delas
que ata pode intuir o seu movemento

son eu

coma eu

son elas

1 comentarios:

rosa enriquez disse...

Moi chulo. Eu tamén gosto das caixas. Gradar alí as cousas propias é coma ter un territorio secreto. E quen non ten algún secreto? Bicos.