as festas do meu pobo

os conos que colgan dos balcóns nas festas son insoportables.
sempre é a mesma voz a que aliena a mente
a que moe a miña sen

logo están as bombas

eu prefiro os fogos de artificio
as luces no ceo
a auga do mar reflectindo debuxos

que bo recordo

o aire salgado daquela rúa
os caldeiros e as palas
cangrexos
fanecas
area nos ollos
o carro cheo de nenos e cacharros
cacharros e nenos
aquel cheiro a crema de cenoria


dáme a risa esa orquestra
o playback dos metais e as cordas
os reloxos dourados das grúas
os canos das armas do tiro
sempre tortos coma piñeiros

e logo o cheiro do algodón doce
a garapiñada, as poufeiras,
os melindres e rosquillas...

prefiro as festas de polbo e viño
aínda que pélenche polo polbo
e polo viño

as festas do meu pobo
son un simulacro
unha tentativa
un reflexo de unión dos que aquí habitamos
que non existe
coma deus
que cagouse no demo
cando ollou a nosa festa

o noso pobo

2 comentarios:

rosa enriquez disse...

As festas do teu pobo, coma as do meu(SAN MARTIÑO DO BOLO)deben ser moi divertidas e bonitas. Hai que coidalas. Non me sorprende que che inspiren. No meu pobo xa non se fai a festa en xuño como canda nena. Agora faise no verán cando a xente de fóra que vai de vacacións organiza unha comida tremenda que lo flipas. Sería fantástico facer unha quedada no verán tod@s por alí. Gustaríavos. Un bico

Son Unha Xoaniña disse...

Esa festa que contas, paréceseme moito as do pobo no que eu vivo, que celebran o Santiago Apóstolo, e é tal cual como o que describes.
Gústábanme máis as de San Martiño que conta a valdeorosa, incluso agora que xa non hai orquestras, nin tiros de pichón, nin tómbolas son moito millores se cabe e facemos unhas festas gastronómicas que como di a Rosa lo flipas.
un saudiño.