grampo os ollos na cortiza alargada que cubre a parede
vixío a xente que camiña
van contando as pedriñas que onte non varreron...
eu pensaba que buscaban patacos dourados
unha meniña mira ao ceo azul
-decatouse de que é azul-
cando o sol quence os recunchos esquecidos
onde van os cans a mexar o seu abandono
xa virá logo a máquina do inferno
co seu maquinista do inferno
pra absorber os ósos sen carne máis tristes
mellor recollo os ollos
que polo de hoxe xa abonda
non quero máis
vou beber docemente a miña menciña
pra esquecer o que son
vou enfilarme
agachar a cabeza
como quen busca patacos pasados
no cemento frío de calquera pobo
como quen retorce a face
pra nunca ollarse
como ao que átanlle as mans ao ferro da súa cama
e a súa mente vai desaparecendo entre as sabas enfermas
non podes durmir
mais tampouco estar esperto
que carallo fas
que hostias fago
agora un mural de ollos na cortiza
ameázannos con alfinetes dobrados coma anzois
queren que sexamos o seu cebo
eles son os voitres que vixían a orxía de-mentes
rematarán con todo
namentres
nós
seguimos
trazando
ángulos
co pescozo
1 comentarios:
"onde van os cans mexar o seu abandono" Tes versos tremendos coma este. Noraboa poeta e un bico. (valdeorosa)
Enviar um comentário